gl/es
Quinto congreso APLU. Disciplina urbanística: Estado del urbanismo y retos para el futuro.

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓN

O prazo para inscribirse no congreso finalizará o día 3 de xuño de 2019 ás 15.00 horas.

O prazo para solicitar a participación nos talleres e presentar comunicacións rematará o 20 de maio de 2019 ás 15.00 horas.

COTAS DE INSCRICIÓN

INSCRICIÓN ORDINARIA

CONGRESO: 25,00 Euros

TALLERES: 15,00 Euros

A matrícula nos talleres é opcional. Para matricularse nos talleres é requisito imprescindible estar matriculado no congreso.

O pago do taller farase efectivo unha vez que a persoa solicitante reciba a confirmación da súa admisión no taller correspondente.

NON deben realizar o pago da inscrición nos talleres ata recibir a confirmación da súa aceptación.

Os prezos inclúen o 21% de IVE

INSCRICIÓN GRATUÍTA

  • Persoal en servizo activo da CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA (Deberán acreditar cun certificado a súa pertenza a esta entidade)
  • CONCELLOS ADHERIDOS (1 matrícula gratuíta por concello adherido)

PROGRAMA SOCIAL

CÓCTEL

Día 11 de xuño - 20.30 h. Parador Hostal dos Reis Católicos

Prezo: 25,00 Euros (IVE 10% incluído)

A organización resérvase o dereito de cancelar a realización do cóctel se non hai un número suficiente de asistentes. Neste caso, devolverase o importe abonado ao finalizar o congreso.

TALLERES

A inscrición no taller será voluntaria e reducida a un aforamento limitado de participantes por taller. No momento de inscribirse no Congreso, deberán elixir, por orde de preferencia, os talleres nos que lle interese participar, acreditando a idoneidade para participar neles. Así mesmo, deberán enviar unha breve referencia curricular, segundo o formulario de inscrición.

Os participantes para integrar os respectivos talleres serán elixidos en función do seu perfil profesional, unha vez rematado o prazo de inscrición e antes do comezo do Congreso. Despois da valoración do currículo e comprobación da dispoñibilidade de prazas, asignaráselles o taller correspondente tendo en conta a orde seleccionada.

Recibirán unha comunicación informándoos de estar admitidos no taller, outorgándolles un prazo para facer o pago da cota de inscrición do taller.

Cada asistente ao congreso poderá participar nun só taller. Non obstante, no caso de que queden prazas vacantes nalgún taller, a organización, en función da demanda existente, poderá permitir a asistencia a máis dun taller previo pago da correspondente cota de inscrición.

As conclusións dos talleres poderán ser obxecto de publicación na web da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

De non obterse unha matrícula suficiente nalgún dos talleres, a organización poderá decidir que non se realice, ou a substitución por outro taller.

GRUPO DE TRABALLO

O grupo de traballo está destinado a profesionais procedentes doutras Administracións Públicas que voluntariamente queiran participar, para a posta en común de distintas formas de actuación en materia de intervención urbanística.

A finalidade do grupo de traballo é xerar un foro de intercambio de sinerxías, experiencias e opinión entre representantes de distintas administracións.

A participación neste grupo de traballo tamén se solicitará no momento de realizar a inscrición e será gratuíta.

COMUNICACIÓNS

As persoas previamente inscritas no Congreso poderán presentar unha comunicación por participante que verse sobre temas relacionados co contido do programa. As comunicacións serán enviadas ao enderezo electrónico congreso.aplu@xunta.gal ata o 20 de maio de 2019  ás 15.00 horas.

As normas para a presentación das devanditas comunicacións estarán dispoñibles na web: www.axenciaurbanistica.es

POLÍTICA DE CANCELACIÓN DE INSCRICIÓNS

En ningún caso realizarase reembolso por cancelación de inscricións.

  • As devolucións ou abonos correspondentes, no caso de que se autorizasen por circunstancias excepcionais, realizaranse unha vez finalizado o congreso.
  • As cancelacións deben realizarse por escrito e ser comunicadas á Secretaría do Congreso, ao e-mail: congreso.aplu@starplanning.es

ALOXAMENTO

A Secretaría Técnica poderá xestionar o aloxamento daqueles participantes que o desexen.

Para información sobre aloxamento, realice a súa solicitude por correo electrónico a  congreso.aplu@starplanning.es. A Secretaría Técnica se poñerá en contacto con vostede e informaralle da dispoñibilidade e tarifas nos hoteles, así como as indicacións para a formalización da reserva.

 

FORMAS DE PAGO

Mediante transferencia bancaria (é imprescindible que nos envíen copia da transferencia que deberán achegar desde a ficha de inscrición ou ben enviar ao enderezo electrónico congreso.aplu@starplanning.es indicando V CONGRESO APLU e o nome do congresista).

Unha vez comprobemos o ingreso no noso extracto bancario, notificarase a confirmación da inscrición por e-mail.

  • Titular da conta: STAR PLANNING, S.L.U.
  • Entidade: BANCO SABADELL
  • IBAN: ES03 0081 0499 6200 0166 0771
  • BIC/SWIFT CODE: BSABESBBXXX
  • Indicar en concepto: “V CONGRESO APLU ” + nome do congresista

Mediante tarxeta de crédito. Encha o apartado correspondente do formulario de inscrición. Acéptanse tarxetas Visa e Mastercard.

Neste caso, ao rematar o formulario, será redirixido a unha páxina do banco con seguridade habilitada.

SECRETARÍA TÉCNICA: STARPLANNING, S.L.

Teléfono: 881 978 488

e-mail: congreso.aplu@starplanning.es

SEGUROS: A organización e STAR PLANNING, S.L. declinan toda responsabilidade en caso de accidentes, enfermidade, perda ou dano dos obxectos persoais que poidan ocorrer durante a celebración do Congreso ou  pre e post viaxe. Recoméndase aos asistentes que teñan contratados os seguros que consideren oportunos.

A organización do V CONGRESO APLU, na súa aposta por manter un modelo ecolóxico e sostible na emisión de certificados acordou que todos os certificados de asistencia, de participación nas actividades (talleres e grupo de traballo) e comunicacións presentadas no Congreso se remitan en formato dixital por correo electrónico unha vez finalizado o mesmo.