PRESENTACIÓN
A transformación dixital e a revolución tecnolóxica están transformando a economía e con ela tamén o mercado laboral.
A Xunta de Galicia pon en marcha o Programa O EMPREGO DO FUTURO para a identificación das necesidades dos sectores económicos e a capacitación e a adaptación do talento.
Con este novo programa analizaranse os novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0 detectando competencias e capacidades co obxecto de elaborar o catálogo de accións formativas do Emprego do futuro.
SEDE DA XORNADA
Salón de Convencións. Centro de Innovación Cultural (CINC)
Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela
PROGRAMA
9:45 | Rexistro de asistentes |
10:00 | Inauguración da xornada. Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria |
10:10 | Innovación e tendencias de futuro do mercado laboral. Cándido Pérez Serrano, Socio KPMG en España |
11:00 | A visión das Pemes. Demandas profesionais para a próxima década. Jesús Echevarría Mendiguren, Vicepresidente Randstad España |
11:45 | Pausa café |
12:15 | Mesa redonda “O emprego do futuro”
|
13:30 | Coloquio |
14:00 | Clausura Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego |
INFORMACIÓN DE INSCRICIÓN
Aceptaránse inscricións nesta xornada ata completar o aforo da sala ou como data límite o día 1 de outubro de 2018 ás 15.00h.
Para formalizar a inscrición na Xornada, deberá enviar o formulario cumprimentado correctamente.
Vostede recibirá un correo de confirmación (no enderezo facilitado no formulario), no que se lle indicará unha ligazón para acceder a súa acreditación.
Non se permitirá o acceso á sala ás persoas que non estean inscritas previamente.
CUOTA DE INSCRICIÓN
Esta xornada é de carácter gratuíto.
POLÍTICA DE CANCELACIÓN DE INSCRICIÓNS
As cancelacións realizaranse por escrito e deberán ser comunicadas á Secretaría da Xornada, no enderezo electrónico: empregodofuturo@xunta.gal
ACREDITACIÓN
Vostede poderá acceder á súa acreditación a través da ligazón facilitada no e-mail de confirmación de inscrición.
O persoal de apoio levará o control do acceso ao evento, polo que a acreditación deberá presentarse á entrada da xornada.
Pode presentarse a acreditación impresa ou no seu móbil ou tablet.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
AFORAMENTO COMPLETO
Se o desexan poden anotarse na lista de espera enviando a petición ao enderezo electrónico empregodofuturo@xunta.gal
No caso de producirse algunha cancelación, a secretaría técnica poñerase en contacto, por orde de peticións, para realizar a inscrición ata completar novamente aforamento.