PRESENTACIÓN

A transformación dixital e a revolución tecnolóxica están transformando a economía e con ela tamén o mercado laboral.

A Xunta de Galicia pon en marcha o Programa O EMPREGO DO FUTURO para a identificación das necesidades dos sectores económicos e a capacitación e a adaptación do talento.

Con este novo programa analizaranse os novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0 detectando competencias e capacidades co obxecto de elaborar o catálogo de accións formativas do Emprego do futuro.

SEDE DA XORNADA

Salón de Convencións. Centro de Innovación Cultural (CINC)

Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaiás s/n

Santiago de Compostela

Ver en Google Maps

PROGRAMA

Data: 2 de outubro de 2018
9:45 Rexistro de asistentes
10:00 Inauguración da xornada. Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria
10:10 Innovación e tendencias de futuro do mercado laboral. Cándido Pérez Serrano, Socio KPMG en España
11:00 A visión das Pemes. Demandas profesionais para a próxima década. Jesús Echevarría Mendiguren,  Vicepresidente Randstad España
11:45 Pausa café
12:15 Mesa redonda “O emprego do futuro”
    Moderador:
  • José Alfonso Marnotes, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Xunta de Galicia
    Participantes:
  • Belén Varela Romero, membro AEDIPE e Directora RH positivo
  • Maite Torres Rivera, membro da xunta directiva do Círculo de Empresarios de Galicia e directora de Agua de mayo marketing
  • Javier Boo, consultor senior de The Boston Consulting Group e profesor ICADE
  • Juan Antonio Lloves, presidente do Cluster de Automoción de Galicia, CEAGA
  • Juan Manuel Vieites, presidente da Asociación Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, ATIGA
13:30 Coloquio
14:00 Clausura Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓN

Aceptaránse inscricións nesta xornada ata completar o aforo da sala ou como data límite o día 1 de outubro de 2018 ás 15.00h.

Para formalizar a inscrición na Xornada, deberá enviar o formulario cumprimentado correctamente.

Vostede recibirá un correo de confirmación (no enderezo facilitado no formulario), no que se lle indicará unha ligazón para acceder a súa acreditación.

Non se permitirá o acceso á sala ás persoas que non estean inscritas previamente.

CUOTA DE INSCRICIÓN

Esta xornada é de carácter gratuíto.

POLÍTICA DE CANCELACIÓN  DE INSCRICIÓNS

As cancelacións realizaranse por escrito e deberán ser comunicadas á Secretaría da Xornada, no enderezo electrónico: empregodofuturo@xunta.gal

ACREDITACIÓN

Vostede poderá acceder á súa acreditación a través da ligazón facilitada no e-mail de confirmación de inscrición.

O persoal de apoio levará o control do acceso ao evento, polo que a acreditación deberá presentarse á entrada da xornada.

Pode presentarse a acreditación impresa ou no seu móbil ou tablet.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

AFORAMENTO COMPLETO

Se o desexan poden anotarse na lista de espera enviando a petición ao enderezo electrónico empregodofuturo@xunta.gal

No caso de producirse algunha cancelación, a secretaría técnica poñerase en contacto, por orde de peticións, para realizar a inscrición ata completar novamente aforamento.

SECRETARÍA TÉCNICA

Teléfono: 881 978 488

e-mail: empregodofuturo@xunta.gal